Sunday 28 de April de 2024

Cabanas celebrará a Festa da Música cun concerto de MJ Pérez & Banda


A actividade está impulsada pola área de Cultura da Deputación da Coruña

A Escola Laica de Cabanas acollerá o próximo luns 19 de xuño, ás 20h, un concerto da cantautora MJ Pérez & Banda, ao abeiro da Festa da Música impulsada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. O evento será de entrada libre até completar o aforo.

A actuación de MJ Pérez & Banda en Cabanas será o primeiro concerto dos tres organizados polo ente provincial para conmemorar a Festa da Música, aos que se suman os de Lamontagne & Picoamperio na Coruña o día 21 de xuño e o de Xoán Curiel en Noia o 25 de xuño.